Unha vintena de fotografías de fungos exhíbense na Casa da Cultura da Pobra

09 Novembro 2021

A Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler, situada na Pobra do Caramiñal, acolle estes días unha exposición fotográfica de micoloxía composta por unha vintena de imaxes que se corresponden con aquelas que acadaron as cinco mellores puntuacións nas catro convocatorias previas do Concurso Fotográfico de Micoloxía. A exposición forma parte da axenda da quinta edición das Xornadas Micolóxicas. A semana vindeira coñeceranse as puntuacións do dito concurso, polo cal, posteriormente, sumaranse outras cinco imaxes á mostra.

Inaugurada neste 8 de novembro pola concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), xunto coa técnica municipal desta área, Beatriz González, ficará na Casa da Cultura da Pobra ata finais de mes. As visitas pódense efectuar de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas, seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Unha vez conclúa, a Concellaría do Medio Ambiente converterá a exposición en itinerante para que vaia rotando polos centros educativos que a soliciten.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...