Suma Ribeira levará a pleno unha iniciativa para garantir un uso consensuado da forma do topónimo recoñecida pola RAG

18 Novembro 2021

Suma Ribeira vén de anunciar que vai levar a pleno unha iniciativa para “reclamar que se adopten as medidas necesarias para acadar o maior consenso no uso e difusión dos símbolos gráficos oficiais do concello, nomeadamente do seu topónimo, Ribeira”. A proposta a debate inclúe que, no prazo máximo de tres meses, sexa presentada ao pleno unha moción na que “se decida a simboloxía a seguir referente ao topónimo Ribeira en todo tipo de actuación da Corporación municipal, equipo de Goberno e alcalde”.

En tanto a citada moción non sexa debatida e votada, Suma Ribeira insta ao alcalde e ao Goberno municipal a “que interrompa” os orzamentos na difusión do topónimo sen a letra b que, segundo indica a agrupación cidadá, “está tentando consagrar pola porta de atrás sen o debido debate e consenso por parte de todos os grupos da Corporación”.

Suma Ribeira lembra que “durante moitos anos foron abondosas as discrepancias sobre se o topónimo do concello debía escribirse con b ou con v, malia que se trataba dun conflito lingüístico artificial”, comenta a plataforma, cualificándoo de “baseado máis en emocións que na realidade científica, que establece como único topónimo filoloxicamente recoñecido e, por tanto, de uso obrigatorio Ribeira, con b”.

Suma Ribeira recorda o estudo elaborado pola Real Academia Galega a instancias do Concello para determinar a forma correcta, e os resultados foron presentados nun acto o 3 de marzo de 2020 no que se constatou definitivamente que a única forma correcta é e debe ser Ribeira. A agrupación critica que neste acto solemne se decidira “situar na mesa unha maqueta na que non figuraba esta forma correcta, senón senón RI#EIRA, co que o alcalde deu por solucionado o aspecto legal, por unha banda, e contentou, por outra, aos uvistas”.

Suma Ribeira denuncia que “dende entón e de xeito progresivo tivemos que contemplar como se estaba investindo diñeiro e horas de traballo na opción unilateral de espallar polo concello e medios de comunicación o grafismo RI#EIRA”.

Para Suma Ribeira, trátase dunha política “consagración pola porta de atrás do topónimo sen b nin v, como se pode ver mesmo estes días coa campaña do CIM de cara ao 25 de novembro”. Esta política, sinalan, pode achegar unha serie de problemas, que son os que citan a continuación:

– Que acontecerá o día que por avatares democráticos saia elixida unha alcaldesa ou alcalde cun equipo de goberno en desacordo coa simboloxía, e maneira de proceder seguida, para “institucionalizar” o grafismo RI#EIRA?.

– Que custe económico para o Concello tería nese caso a decisión tomada por “consenso” entre o alcalde e o equipo de goberno?

– Que custe en impacto publicitario podería ter reimplantar un novo deseño para o noso topónimo?

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

“Unha de ameixa roubada”. Antón Luaces

Está visto: seis mil euros non é o valor real da cría de ameixa roubada aos mariscadores do pósito de San Antonio, en Cambados, porque a ameixa substraída da batea de preengorde podería multiplicarse por tres ou catro en base ao resultado dos plans de semente que...

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

“Los menores inmigrantes”. José Castro López

La inmigración es responsabilidad del Gobierno, pero su única política conocida fue lasobreactuación que montó en Valencia en 2018 para recibir al Aquarius. Desde aquel“golpe de efecto” no se conocen medidas gubernamentales razonables para enfrentarse aeste...