“Sí ao progreso. Non a que os mariñeiros saian da súa zona de pesca”. Antón Luaces

28 Novembro 2021

Os borradores dos plans de ordenación do espazo marítimo e da zona de distribución da enerxía eólica mariña dados a coñecer -nun debate sumamente importante- nas XXV Xornadas de Pesca de Celeiro celebradas esta fin de semana, non convenceron aos representantes do sector pesqueiro de Galicia e Asturias, que deixaron nidiamente claro o seu rexeitamento á instalación de parques eólicos na zona costeira de Galicia.

Non hai críticas serias á enerxía eólica; pero sí á ubicación dos aeroxeradores que a producen. Deixouno claro o avogado e secretario xeral da Asociación de Armadores PescaGalicia-Arpega.O Barco e do Observatorio de Galicia, Torcuato Teixeira, cando nunha intervención súa nese evento resumía o que os profesionais da pesca sentían: “Somos os gardiáns do mar”, para engadir algo que os responsables da pesca nacional e comunitaria coñecen sobradamente pero que, ás veces, semellan esquecer: “Temos os stocks en rendemento máximo sustentable (RMS)”. E remachou: “Choca moito que se presenten uns parques que poden afectar moito ás especies peláxicas”. E a clave: “Os propios científicos descoñecen”.    

Non hai quen garanta que a instalación fronte ás costas galegas de grandes  aeroxeradores (máis de 200 metros de altura e rotores cun diámetro de 80 metros) non vai impedir a actividade pesqueira na área que os “muíños” van ocupar. Tampouco os científicos aportan datos sobre o que pode significar para a pesca o “transporte” da produción eléctrica deses aeroxeradores.Torcuato Teixeira sentenciou en Celeiro que “os proxectos de imprantación de enerxía eólica mariña nas nosas costas non son compatibles cos usos existentes, nin coa escasa plataforma continental desas costas, que son totalmente distintas doutras zonas marítimas coma o Mar do Norte ou o Mar Báltico”. 

E prosigo con Torcuato Teixeira e a súa intervención citada: “Non podemos estar en contra do progreso, pero sí o estamos de que ese progreso conleve o que nos saquen da nosa zona de pesca”.  Porque é evidente que a zonificación dos parques ofrece agora mesmo a seguridade de que, por proteción, a norma legal impide cos barcos de pesca faenen nas zonas de influencia dos aeroxeradores e que estes, polo que se coñece, van ser instalados en importantes áreas de pesca -caladoiros- dos que a empresa que explote os devanditos parques eólicos os van chimpar. Aeroxeradores e barcos son incompatibles, como tamén o son coa riqueza dos ecosistemas ou a preservación da biodiversidade porque, como Teixeira dixo, están instalados “en caladoiros de pesca e, nalgúns casos, perto de espazos mariños que gozan dalgún tipo de proteción”.

Non se conformou Torcuato Teixeira con esta exposición. Engadiu que a pesca é unha fonte de xeración de emprego e fixación de poboación nas comunidades costeiras do Cantábrico-Noroeste”.  E todo deus sabe que a eólica mariña non vai xerar tantos postos de traballo -12.000 en máis de 4.000 barcos- como os que mantén a pesca no citado caladoiro nacional Cantábrico Noroeste, zona na que residen a totalidade desas 12.000 familias que viven da pesca neste caladoiro.

Polo tanto, un SÍ coma unha casa ao progreso que significa a enerxía eólica. Pero tamén un rotundo NON á ubicación dos aeroxeradores a un tiro de pedra da costa galega e en zonas internacionalmente recoñecidas como de pesca. As empresas eléctricas ben poden redeseñar os seus parques. Galicia, o sector pesqueiro, non quere os que barallan como máis que probable, seguros. 

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.