Ribeira presenta unha guía de recursos prácticos para asistir a mulleres vítimas de agresións machistas

30 Novembro 2021

O Centro de Información á Muller (CIM) de Ribeira presentou unha publicación para axudar aos profesionais da saúde e outros servizos sociosanitarios na atención á poboación feminina que sofre agresións machistas. Trátase da Guía  de Recursos prácticos para a asistencia sanitaria a mulleres vítimas de violencia de xénero.

Esta publicación, elaborada polo Centro de Información á Muller en colaboración con Jorge Pablo Ortega, médico de urxencias do Hospital da Barbanza e do Centro de Saúde de Porto do Son,  está dirixida a persoal sanitario, pretende facilitar a detección e atención de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Ao mesmo tempo, elaborouse un folleto de difusión dos recursos locais para mulleres que están sufrindo violencia de xénero.

Pódese descargar xa dende a Rede.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.