Ribeira e Muros entre os concellos que recibirán axudas da Xunta para o coidado de animais domésticos abandonados

16 Novembro 2021

O Concello de Ribeira recibirá 4.970 euros e o de Muros 760 euros.

A Xunta publica a Resolución sobre as ordes de axuda para sufragar os coidados de animais domésticos abandonados,
que se resolve coa concesión de máis de 400.000 euros a 17 entidades locais (218.090 €) e 12 asociacións protectoras (185.684 €).
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de 2021, que se dividiu en dúas ordes: unha dirixida a entidades locais, como administracións responsables da recollida e acollemento de animais abandonados e da xestión das colonias felinas; e a outra, destinada a asociacións inscritas no Rexistro galego de asociacións para a
protección e defensa dos animais de compañía.
As subvencións concedidas axudarán a sufragar gastos como a esterilización cirúrxica dos exemplares que tutelan; a identificación dos mesmos mediante implantación de microchip, inscrición no Rexistro galego de identificación de animais de compañía (Regiac) e expedición do pasaporte sanitario; a compra de alimento; e a vacinación preventiva e
desparasitación, entre outras medidas profilácticas.
Cómpre lembrar que, no caso as entidades protectoras debidamente rexistradas, tamén podían solicitar axudas para a realización de campañas de concienciación, promoción da tenza responsable e fomento das adopcións, así como para comprar material non funxible co fin de dotar aos centros que xestionan dos medios necesarios para atender aos
animais.
Para a Xunta a protección dos animais domésticos é unha prioridade, por iso desde 2017 leva mobilizado un orzamento global de máis dun millón de euros, coa que atender os coidados e necesidades dos animais abandonados. Ao tempo, mantén campañas de sensibilización sobre a tenza responsable de mascotas, para evitar o abandono e incidir na tenza responsable.
Asemade, impulsou unha a Lei de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia, que entrou en vigor en xaneiro de 2018, para dar resposta a dous obxectivos principais: combater o maltrato en calquera das súas formas e promover o abandono cero na Comunidade a través do fomento das adopcións e da concienciación social sobre a
tenza responsable de animais domésticos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.