Preto de 40 veciños de Abanqueiro participaron nun encontro co alcalde para manifestar as demandas e necesidades da parroquia

28 Novembro 2021

O alcalde, José Ramón Romero, acompañado dos concelleiros Luís Ruiz, Marcos Fajardo e Raúl Treus, mantiveron onte un encontro coa veciñanza de Abanqueiro para coñecer as demandas e necesidades da veciñanza da parroquia. A iniciativa “Un café co alcalde”, que se tivo que paralizar por mor da pandemia, retomouse onte no Centro Social de Abanqueiro nunha xuntanza á que asistiron preto de 40 veciños e veciñas.
Entre as demandas trasladadas ao alcalde e concelleiros está a necesidade de mellorar a iluminación en diversas zonas, que se dotarán de novos puntos de luz e nos que se fará tamén unha revisión e cambio de luminarias. Os veciños interesáronse tamén pola praia de Mañóns e o acondicionamento do acceso que se vai executar con cargo ao POS. Os
veciños e veciñas preocupáronse tamén pola seguridade viaria e demandaron ao executivo a realización de beirarrúas nalgúns puntos conflitivos, e mostraron interese tamén polo proxecto para a mellora do cemiterio.
Esta iniciativa de participación cidadá busca complementar as xuntanzas individuais que o alcalde mantén con aqueles veciños e veciñas que o solicitan, e ten como obxectivo coñecer as demandas e necesidades comúns da veciñanza dunha parroquia. Nesta ocasión foi en Abanqueiro, pero está previsto que se repitan de xeito periódico nos distintos núcleos de poboación de todas as parroquias.
O alcalde e os concelleiros agradeceron á veciñanza a súa participación e tomaron nota das demandas de todos os veciños e veciñas para comezar a traballar naquelas que son máis urxentes ou que precisan dunha inversión menor, e tamén para incluír en plans de obras ou solicitudes a outras administracións aquelas demandas que precisan dunha inversión maior.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.