Presentouse o libro “Os xinetes de Bouza Badín, arte rupestre no Concello de Dodro”

30 Novembro 2021

Coa presencia do Deputado Provincial, Xosé Luís Penas Corral delegado de Contratación, Patrimonio Provincial e Equipamento en representación do organismo que financiou a actuación de recuperación e sinalización da estación arqueolóxica de Bouza Badín e da impresión do libro, de Pablo Sanmartín do Colectivo a A Rula que se encargou da maquetación, fotogrametría e calcos dixitais co que se fixo a publicación, a arqueóloga directora da intervención Nerea Vilariño, o alcalde de Dodro Xabier Castro e o concelleiro de Cultura e Patrimonio Xoán Xosé Vicente Franco que fixo a presentación, deuse a coñecer a publicación ante numerosos veciños e persoas interesadas no patrimonio rupestre de Dodro.

Con esta publicación O Concello de Dodro, a través da Concellería de Cultura e Patrimonio, pretende dar visibi­lidade ao extraordinario traballo do “Colectivo A Rula” que estudaron durante varios días os catorce paneis que forman esta estación arqueolóxica moito antes de que a Deputación de A Coruña decidira o estudo, posta en valor e sinalización dos mesmos.

Pablo Sanmartín, do Colectivo a Rula, dixo que “este libro pode ser unha moi boa guía para a visita aos petróglifos porque se explica con moita precisión cada panel e que fai mais sinxela a interpretación dos motivos rupestres e que ten que ser unha publicación que se difunda entre as escolas do concello para que os nenos descubran a marabillosa estación de Bouza Badín.”

O Deputado Provincial, Xosé Luís Penas Corral pola súa parte dixo que a deputación da Coruña está disposta a seguir apoiando ó Concello de Dodro na súa teima pola difusión e conservación do patrimonio ante a nula colaboración de outras entidades como a Xunta de Galicia.

Nerea Vilariño de “Árbore Arqueoloxía” fixo unha breve exposición dos traballos feitos recentemente na estación arqueolóxica destacando a limpeza con métodos manuais e a sinalización que se vai realizar en días vindeiros.

Pola súa parte o concelleiro Xoán Xosé Vicente Franco afirmou que dende o goberno de Dodro “cremos, e estamos conven­cidos, que a conservación e divulgación do noso patri­monio cultural é unha maneira de supervivencia da nosa identidade como pobo e por iso mesmo queremos que as xeracións vindeiras non esquezan o seu rico patrimo­nio cultural e en concreto este lugar, polo que este libriño servirá para esta necesidade entre as escolas, o CRA, o CPI, a biblioteca de Dodro e o resto das entidades públi­cas e privadas de Galicia que sexa necesario”.

Pechou a presentación o alcalde de Dodro Xabier Castro remarcando o compromiso político deste goberno do concello de seguir apoiando o patrimonio de Dodro porque é un valor que nos pon no mapa e axuda a un maior coñecemento do noso pobo.

Despois deste acto fíxose unha visita aos petróglifos onde se puideron ver os traballos realizados por parte de Árbore Arqueoloxía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

Una mente ignara, retrograda y obsoleta podría decir, eres un año más viejo. Pues no, soy muchos años más joven. He tenido que recuperar cuentos de la infancia, he tenido que volver practicar la pintura, que bien manejaba en mi juventud, he tenido que recuperar juegos...