A. Luaces.- Os datos de seguimento da couza guatemalteca da pataca mostran un avance significativo na súa contención previa a unha posible erradicación en territorio galego.
Un total de 16 concellos das provincias da Coruña e Lugo quedan totalmente escluídos das zonas demarcadas, libres polo tanto da presenza desta praga de corentena.
En seis concellos demarcados (Cariño, A Larcha, Arteixo, Muxía, Burela e Trabada) séguese detectando presenza deste organismo nocivo, polo que seguirán permanecendo, ben na súa totalidade ou nalgunha parroquia concreta, na zona infestada.ASs trampas en campo e en explotacións, mostran un avance signficativo na contención desta praga dee corentena, un paso previo a unha posible erradicación, segundo os datos estudados pola Comisión de seguimento rteunida este mércores en Santiago.
Polos últimos datos de capturas, quedan totalmente libres desta praga os concellos de Cabanas, A Capela, Fene, Ferrol, Neda, Ortigueira, As Pontes, As Somozas, Cee e Fisterra, na provincia da Coruña. Na de Lugo saen da zona demarcada os concellos de Abadín,Muras, Ourol, A Pastoriza, A Pontenova e Riotorto.Doutra banda, pasan a considerarse zona tampón a totalidade da superficie dos concellos de Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Narón, San Sadurniño e Valdoviño. Tamén pasan a esta demarcación as parroquias de Bardullas, Buiturón, Cabrerta, Couceiro, Frixe, Mosquintián, Nemiña,. Tpouriñán e Valllistosa, de concello de Muxía; así coko unha franxa dons 5 quilómetros limítrofe cos concellos infestados que afecta a pàrcelas dos municipios de Camariñas, Dumbría e Vimianzo e as parroquias de Monbteagudo, Barrñán e Armentón, no concello de Arteixo; Rebordaos, Vilela e Noicela, no concello de Carballo; Cabovilaño, Lemaio e Torás, no concello da Laracha; Cariño, Feás, Landoi e Sismundi, no concello de Cariño.
Na provincia de Lugo, a zona tampón supón os concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove; ademáis das parroquias de Balboa, Fórnea, Ría de Abres, Sante, Vidal, Vilaformán e Vilapena, no concello de Trabada.
En todas estas zonas tampón, os agricultores deberán comunicar inmediatamente deswpois da sementeira, e en todo caso antes do 1 de abril, todas as parcelas cultivadas con pataca. E canto aos operadores de pataca de semente deberán levar o rexistro de información dos compradores deste tubérculo de semente e ter instalado no local destinado a almacén trampas de feromona específica para a captura da Tecia solanivora.
Doutra banda, incorpórase a parroquia da Pedra (Cariño) á zona infestada pola existenza da praga da couza; as parroquias de Soriizo e Chamín (Arteixo); Lendo e Caión (A Larcha); Nosa Señora a O, Leis, Muxñia, Moraime e Ozón (Muxía). Na provincia de Lugo considérase infestada a totallidade da superficie do concello de Burela e a parroquia de Trabada no concello deste nome.
En todas estas zonas queda prohibjido o cultivo de patacas e os operadores de semente non poderán ter existencias nin comercializar este tipo de pataca. Queda prohibido asimesmo a saída de pataca de consumo da zona infestada agás no caso de tránsito, onde o vehículo deberá ir totalmente pechado cunha estrutura ríxida ou cunha lona protectora que se axuste perfectamente coa caixa do camión e impida calquera contacto das patacas co exterior. Se o motivo da entrada do tubérculo na zona infestada é subministrar este produto dentro desa zona,, en ningún caso a pataca que entrou poderá sair da mesma.
