Portos remata as obras de mellora da terraza exterior da Lonxa de Ribeira

03 Novembro 2021

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de informar do remate das obras de reforzo do pavimento da terraza exterior da nova Lonxa de Ribeira. Os traballos supoñen unha mellora do estado do inmóbel, que está aberto ao público en xeral.
O organismo dependente da Xunta investiu 50.000 euros nesta actuación, que, como dixemos, atópase xa rematada. Os traballos, segundo explica a Consellería, “supuxeron a substitución do anterior pavimento desta zona do edificio, que presentaba deficiencias derivadas do desgaste polas inclemencias meteorolóxicas e a proximidade da auga salgada”.
Portos de Galicia instalou no chan da terraza da lonxa madeira tecnolóxica en substitución do material existente ata agora. “Trátase”, explica a entidade, “dunha opción ecolóxica, reforzada e máis duradeira, especialmente nunha contorna marítima como é o caso”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.