O plan de sustentabilidade turística de Ribeira, entre as nove propostas galegas que optan aos Next Generation

08 Novembro 2021

Ribeira vén de situar o seu plan de sustentabilidade turística na selección de proxectos galegos que optan ao co-financiamento dos fondos europeos Next Generation. O concello foi elixido con outras oito propostas candidatas dun total de 19 contribucións presentadas. Optan á distribución dun total de 14,6 millóns de euros co obxecto de desenvolver os seus Plans de Sustanbilidade Turística.

Así o vén de dar a coñecer a Xunta de Galicia logo de consensuar co Goberno central cales son os Plans de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) que se desenvolverán en Galicia ao amparo do Plan Territorial Litoral da Xunta, que permitirá inxectar un total de 14,6 millóns de euros dos fondos Next Generation, dos cales o noso Concello espera recibir alomenos un millón e medio de euros.

Xunto a Ribeira, tamén foron validados positivamente os proxectos PSDT presentados pola Deputación da Coruña (dous: o de Fragas de Eume e o do Xeoparque Cabo Ortegal), Muros-Noia e As Mariñas-Betanzos. Fóra da nosa provincia tamén obterán axuda os plans dos Concellos de Pontevedra, Sanxenxo, Marín e Baiona.

Foron rexeitados os proxectos da Coruña, Vigo, Gondomar, Viveiro, A Cañiza, Dodro e O Grove.

Os criterios de valoración foron establecidos na Estratexia de Sostibilidade Turística en Destino da Secretaría de Estado de Turismo, aliñados cos eixes de transformación do Fondo Next Generation: transición verde e sustentábel, eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade. Tamén se valorou a calidade, a coherencia e precisión do proxecto presentado, a vocación turística de destino e o aliñamento coa estratexia de desenvolvemento turístico e estatal.

A praia de Coroso, un dos principais puntos turísticos de Ribeira

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

O BNG pide que se cubran as prazas médicas en Ribeira

Este xoves celebrouse unha nova concentración da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza no Centro de Saúde, unha mobilización que volve contar co apoio do BNG. Dende a agrupación sinalaron que "a poboación ribeirense segue sufrindo o deterioro do servizo de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.