O Concello de Ribeira recoñeceu os mellores xardíns das súas nove parroquias

O Consistorio de Ribeira acolleu este 9 de novembro o tradicional acto de recoñecemento dos mellores xardíns do municipio, un evento que contou coa participación entre outros do alcalde Manuel Ruiz e da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Pereira, así como dos galardoados este ano. Os recoñecementos, segundo fixo saber o Concello, constitúen “unha mostra de agradecemento polo coidado que fan estes veciños e veciñas nas súas propiedades, contribuíndo deste xeito a embelecer o entorno”.

A relación de premiados foi a seguinte:

-Aguiño: Ana Lustres Álvarez

-Artes: Mª Jesús Estévez Álvarez

-Carreira: Pura Álvarez Sampedro

-Castiñeiras: Juana Doce Argibay

-Corrubedo: Patricia Pérez Lorenzo

-Oleiros: Manuela Queiruga Rama

-Olveira: María Eugenia Queiruga Rama

-Palmeira: María Fernanda Lampón Pardavila

-Ribeira: Rosa María Garcia Olveira.

Todos eles recibiron un obsequio en metacrilato e unha orquídea, e houbo tamén dous recoñecementos especiais ao persoal da Cafetería Zum Zum e a Francisco Crujeiras Vidal, que recibiron ademais dunha flor cadansúas plaquiñas.

Por último, quíxose recoñecer de forma expresa con sendas placas de pedra para colocar nas súas fachadas ás familias Lama González e Martínez Múñiz e Mayán Romero (esta última non puido estar presente no acto).