O BNG reivindica a creación dun espazo de traballo colaborativo en Noia

11 Novembro 2021

O BNG de Noia, logo de que o seu portavoz Ricardo Suárez acompañase aos seus homólogos de Ames na inauguración do espazo de traballo colaborativo ‘A Proa’ sito no Milladoiro, aproveitou para criticar “o abandono
do goberno local de Noia á creación de novas empresas e na axuda aos negocios locais xa existentes”.
Neste sentido, os nacionalistas reivindican a necesidade de comezar a dar pasos adiante dunha vez por todas para cumprir co acordo plenario do 2019 para poñer en marcha un espazo de traballo colaborativo que sirva para
dar facilidades á creación de novas empresas innovadoras así como para fixar poboación moza no municipio.
Sinalan tamén dende o Bloque o éxito que está a ter a ‘Rede provincial de espazos de traballo’ como aposta da Deputación pola creación e consolidación de empresas e non entenden a pasividade do goberno de Noia á hora de presentar un proxecto e optar á financiación e o asesoramento por parte do ente provincial para facer realidade a súa
proposta.
Mais esta non é a única crítica no referente ao apoio ás empresas por parte do BNG. A formación entende que o goberno local tivo tempo abondo dende que en xaneiro se acordou a posta en marcha dunha plataforma de comercialización á que tivera acceso todo o empresariado do municipio e critica que a piques de comezar a campaña de nadal non haxa ningún tipo de información nin aos negocios nin ao resto de forzas políticas.
Outra das facetas que recriminan os nacionalistas é a falta de perspectivas do goberno local para a ampliación do chan industrial do municipio nun contexto no que en moitas localidades da contorna se están instalando diversas empresas que xeran emprego, neste sentido lembran que “sen o desenvolvemento de normas urbanísticas axeitadas e sen a reparación dos importantes problemas de saneamento no polígono será imposible o desenvolvemento produtivo e a xeración de postos de traballo en Noia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.