O alumnado do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns fórmase en dendrocronoloxía

09 Novembro 2021

O alumnado que participa no Obradoiro de Emprego Torre Goiáns, impulsado polo Concello de Boiro e centrado no ámbito da xestión forestal, participou nun seminario formativo en liña sobre dendrocronoloxía, ou sexa, a ciencia que se ocupa da datación dos aneis de crecemento das plantas arbóreas e leñosas. A actividade, organizada polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, foi impartida por Manuel Souto Herrero, doutor enxeñeiro de Montes pola Universidade de Santiago, especialista nesta materia. Segundo informou o Concello, “coas directrices dadas na charla, o alumnado puido comprender mellor a análise de patróns especiais e temporais de procesos biolóxicos, físicos ou culturais”.

Unha vintena de participantes

O Obradoiro de Emprego en xestión forestal Torre Goiáns – Boiro que desenvolve o Concello de Boiro conta co financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, ao abeiro das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia. Nel participan un total de 20 alumnos/as, divididos nas modalidades de Actividades Auxiliares en Conservación e en Mellora de Montes e Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas.

O alumnado recibe formación teórica e práctica específica en xestión forestal e capacitación para a mellora das súas capacidades e aptitudes á hora da busca de emprego ou desenvolvemento do traballo. Esta semana comezaron as clases para preparar as probas libres de educación secundaria de adultos/as; van asistir a un curso de prevención de riscos laborais específico do posto de traballo; e visitarán tamén os Castros de Neixón para coñecer o lugar o no se vai traballar.

Outros artigos

Este venres recala en Boiro “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro

A Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida este venres 26 de abril á representación teatral de Deadpan Karaoke, a cargo de Ibuprofeno Teatro, a partir das 21.00 horas. As entradas estarán á venda dende unha hora antes da función na billeteira. Trátase dunha peza para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...