Noia acolle o 19 de novembro unha xornada de Deloa

17 Novembro 2021

A Asociación de Desenvolvemento Local Deloa coordina o proxecto de cooperación interterritorial que leva por título A xestión da sustentabilidade en eventos culturais con espectáculos en vivo en espazos rurais, no que participan un total de nove grupos de desenvolvemento rural.

No marco deste proxecto, o día 19 de novembro, levaranse a cabo varias actividades no concello de Noia:

🔹Ás 17.00 horas, partindo da Igrexa de San Martiño, iniciarase un paseo polos tesouros do estilo Gótico Mariñeiro de Noia. Concha Allut, técnica de cultura do Concello, será a encargada de guiar a visita.
🔹 Ás 18.30 horas, terá lugar no Edificio Casino, unha xornada sobre microestratexias no desenvolvemento sustentábel.
🔹A xornada, pecharase cunha sesión de reciclaxe de residuos mariños, impartida por Gema Neira.

Segundo informou o Concello de Noia, tódalas actividades son gratuítas, previa inscrición hasta completar aforo, na páxina de Deloa, onde hai información cumprida sobre a xornada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.