Este venres temos unha cita en Rianxo con Airiños e Unha primavera para Aldara

19 Novembro 2021

Este venres 19 de novembro o Auditorio de Rianxo vai dar acollida á representación de Unha primavera para Aldara a cargo do Grupo de Teatro Airiños. Será a partir das 19.00 horas.

A obra teatral, que ten unha duración de 90 minutos e non está recomendada para menores de 12 anos, lévanos da man á Galicia do século XV, durante a Revolta Irmandiña, á vida dun convento rexido pola abadesa Aldara Eáns, que discorre con tranquilidade até que chega ás súas portas, en primavera, un guerreiro irmandiño ferido, don Nuno, pedindo acubillo. A función está baseada no texto da escritora Teresa Moure, unha das escritoras máis sobranceiras das letras galegas do noso tempo, autora de clásicos actuais da literatura galega como Herba Moura ou Ostrácia (a vida da amante de Lenin, Inessa Armand) por poñer só dous exemplos.

A obra obtivo o Premio de Teatro Rafael Dieste 2007, ademais dos premios da Asociación de Escritores en lingua Galega (teatro) 2008 e sete galardóns María Casares pola montaxe de Teatro do Atlántico, entre eles ao Mellor Texto Orixinal 2009.

A entrada ten un custe de 3 € e a reserva realízase no correo electrónico entradas.arinhos@gmail.com.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.