Este sábado 13 de novembro celebrarase un magosto no Centro Social de Corrubedo baixo a organización da Concellería de Cultura de Ribeira.
A actividade, de entrada libre e gratuíta, principiará ás 18 horas coa actuación do coñecido cómico Pedro Brandariz co espectáculo Contos de michos. Unha vez concluído o espectáculo haberá unha degustación de castañas.
