Diego Calvo reuniuse cos populares de Noia e a súa contorna

30 Novembro 2021

O presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, vén de manter encontros cos alcaldes, voceiros e simpatizantes do partido en Ordes, Boqueixón, Mugardos, Noia, Oleiros, Malpica e Betanzos.

Na xuntanza mantida cos militantes en Noia incidiu nos retos máis importantes que os populares deberán afrontar se se dese o caso dun incremento de votos nas vindeiras citas coas urnas. Un destes retos é “seguir escoitando de preto ás bases do partido para ensanchar unha formación que cómpre facer chegar a todos e cada un dos recunchos dos 93 municipios da provincia”, dixo.

Na reunión, acompañado (como no resto dos encontros) polo secretario xeral provincial, Evaristo Ben, e mais o responsábel de organización, Gonzalo Trenor, Diego Calvo puxo o foco nas municipais do ano 2023, unha cita, dixo, “que pode parecer moi afastada no calendario, pero que, canto a traballo, está xa en marcha”. E engadiu: “Toca poñerse o mono de traballo unha vez máis. Agora é o momento de incidir máis que nunca en estar á beira dos nosos veciños, escoitalos, acercarnos aos seus problemas e tratar de coñecer o que demandan de nós”. A este respecto, recordou que un dos obxectivos do partido é “recuperar o goberno das tres grandes cidades e, ademais, volver á presidencia da Deputación da Coruña”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.