Cerqueira adquire outros 11.500 m² en Rianxo e confirma que iniciará as novas instalacións en 2022

26 Novembro 2021

A empresa Conservas Cerqueira, referente no seu sector e titular da marca Pay Pay, iniciará a construción das súas novas instalacións no Polígono de Té en Rianxo (A Coruña) o vindeiro ano. Así o confirmou o responsábel da firma, Juan Manuel Cerqueira Ozores, quen asinou este 25 de novembro a adquisición formal de dúas novas parcelas no complexo empresarial rianxeiro, que se suman ás xa mercadas en 2020 (cinco parcelas, que sumaban 24.896 metros cadrados por 1,5 millóns de euros). O acordo formalizouse entre a conserveira e a sociedade estatal SEA, representada pola súa xerente Beatriz Sestayo.

Os dous novos predios adquiridos este xoves 25 de novembro, por preto de 880.000 euros, supoñen outros 11.548 metros cadrados, o que permitirá a Cerqueira dispor dun total de 36.444 para construír as súas novas e pioneiras instalacións. A compañía conta con preto de 400 traballadores. A súa sede en Barbanza viña atopándose no barrio de Bandourrío, en Ribeira, nun histórico edificio que constitúe un dos últimos exemplos aínda activos de arquitectura industrial conserveira e urbana.

Beatriz Sestayo destacou “a importancia do acordo alcanzado” e das “súas repercusións para o emprego e a economía da comarca”. Segundo fixo saber, a operación “supón un proxecto pioneiro dentro dun sector tan importante para Galicia como é o conserveiro”. Ao mesmo tempo, incidiu na “consolidación dos magníficos resultados que, para o crecemento económico, supuxo a nosa estratexia para o Polígono de Rianxo”. En total, dixo, xa son 19 as empresas que adquiriron chan en Rianxo, entre as que figuran Cortizo, Transagonza, Mar da Pobra, Metales Taragoña ou Proafer. A superficie total do polígono ascende a 317.728 metros cadrados, dos que se destinan a superficie neta 200.156.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.