Centos de ribeirenses sumaron as súas voces no praza do Concello a violencia machista

25 Novembro 2021

As celebracións do 25-N (Día para a Eliminación da Violencia de Xénero) en Ribeira tiveron como epicentro a praza do Concello, onde se xuntaron este xoves os representantes da Corporación municipal e dos centros de secundaria e formación profesional do termo municipal, amais de cidadáns en xeral, sumando forzas para reclamar novamente o cese da violencia machista.

O programa de actos organizados polo Concello de Ribeira a través do Centro de Información á Muller (CIM) arrancou cunha marcha protagonizada por alumnado de diferentes centros educativos do municipio que desembocou na citada praza consistorial para dar paso a continuación a un recital poético declamado pola artista Nuria Vil (@vil.nuria).

Acto seguido, representantes dos diferentes centros participantes (IES Número 1 e Leliadoura, CFIP Coroso e os colexios Bayón, Sagrado Corazón de Castiñeiras e A Milagrosa de Oleiros) deron lectura a cadanseu manifesto antes de proceder á lectura por parte do alcalde do manifesto institucional co seguinte texto:

O Concello de Ribeira, un ano máis, expresa o máis absoluto rexeitamento contra a violencia de xénero en tódalas súas dimensións, incluíndo a violencia vicaria e a violencia dixital, e especialmente a que remata co asasinato de mulleres e seus fillos e fillas. Son 42 as vítimas da violencia machista no último ano. Estas non son so un número, teñen nome e apelidos e hoxe as faremos visibles, pero por debaixo desta cifra existe outro número moito máis grande que aínda están vivas e que queremos apoiar e axudar a saír da terrible situación que poidan estar vivindo. Para iso ofrecémoslles apoio psicolóxico, asesoramento legal, tramitación de recursos e información de todo tipo a través do Centro de Información á muller municipal. Planificamos a través do III Plan de Igualdade municipal de Ribeira, e desenvolvemos, políticas locais de sensibilización e prevención da violencia de xénero, dirixidas a toda a cidadanía de Ribeira. Somos a Administración que está máis preto da poboación e temos que dar respostas.

As leis a nivel europeo, estatal e autonómico propiciaron unhas mellores condicións para implantar a igualdade que promulgaban, e establecéronse medidas de protección legal para loitar contra a violencia de xénero, pero existe aínda unha grande tarefa pendente por diante, a través da educación, para achegar esa igualdade formal á sociedade.

O Concello continúa co seu compromiso de apoio e colaboración cos centros educativos na reivindicación dunha sociedade máis igualitaria, polo que vos agradezo a vosa presenza hoxe aquí para dar voz ás mulleres que non a teñen e para que amosemos o apoio á lexitima reivindicación do dereito das mulleres a non sufrir ningún tipo de violencia.

Por todo isto, invitamos á cidadanía de Ribeira:

A sumarse a tódalas declaracións institucionais ou sociais en apoio da igualdade e contra a violencia de xénero.

A considerar a violencia de xénero ou machista un problema de saúde pública que atenta contra os dereitos humanos.

A aprender a recoñecer as distintas formas de violencia, entre elas a vicaria e a dixital para poder combatela.

A non ser cómplices da violencia de xénero

A apoiar os proxectos que axuden á xente nova a ter un futuro en igualdade.

O acto concluíu coa lectura por parte de representantes dos distintos grupos políticos participantes no acto da identidade das 42 mulleres mortas por violencia machista no último ano mentres estudantes colocaban ao seu pé unhas simbólicas velas acendidas, para dar paso finalmente a un minuto de silencio.

Contacontos virtual

Ademais, na mañá deste 25 de novembro o alumnado de diversos centros educativos de infantil e primaria do concello asistiu a unha función contacontos emitida en streaming con Pedro Brandariz titulada Non máis princesas.

Outros artigos

Un ferido leve nun choque no concello de Ribeira

Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron ao aviso dun choque entre un vehículo e unha cabeza tractora. Unha das persoas implicadas resultou ferida leve e trasladada ao hospital. Completou o servizo a Policía Local. 

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

“Loitar polos dereitos” – José Manuel Pena

A cidadanía cada vez é máis consciente de que os dereitos pódense perder se non se loita por eles. Así o poñen de manifesto cada día, moitos veciños, con anterioridade xa o fixeron na parroquia de Corrubedo, logo na parroquia de Palmeira e agora nas parroquias veciñas...

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

“Hoy 13 febrero doble felicitación” – Manuel Domínguez

O autor do artigo (á dereita) e Xosé María Fernández Pazos Por qué se celebra el 13 de febrero La elección de esta fecha conmemora el aniversario de la creación de la Radio de las Naciones Unidas en 1946, una emisora diseñada para difundir información sobre paz,...