As usuarias do Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira achegan o seu saber culinario ao alumnado do Pote II

02 Novembro 2021

O alumnado do Obradoiro de Cociña O Pote II mantivo este 2 de novembro unha xuntanza interxeracional con nove usuarias do Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira que xestiona a asociación AGADEA. A actividade consistiu na elaboración dun menú proposto polas propias usuarias do centro. Elas foron as encargadas de supervisar o cociñado e de falar ao alumnado de como se preparaban estes pratos antigamente.

Charla sobre nutrición

Por outra parte, e no marco das actividades que se están a desenvolver no treito final de O Pote II (que rematará o próximo 14 de novembro), este xoves 4 entre as 9 e as 11 horas celebrarase unha charla de Ana Rodriguez Sampedro (farmacéutica comunitaria en A Pobra, especialista en nutrición e experta universitaria en saúde pública) que terá como obxectivo que o alumnado afonde nos conceptos básicos sobre os macro e micronutrientes, as racións recomendadas, o prato de Harvard, os cambios que sofren os alimentos coas diferentes técnicas culinarias e unha práctica sobre a selección dos alimentos dependendo do grupo ao que pertencen e a elaboración dun menú semanal equilibrado.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...