As poetas Charo Lopes e Lucía Aldo centran os actos do 25N da Deputación

25 Novembro 2021

As poetas Charo Lopes (Boiro) e Lucía Aldao (A Coruña) centran este 25N os actos da Deputación da Coruña, poñendo voz á loita contra a violencia cara as mulleres a través de textos poéticos, algúns deles escritos especificamente para esta cita. Trátase do acto central da campaña da área de Igualdade da Deputación da Coruña De Fronte, e que consiste nunha lectura pública no exterior da Biblioteca Provincial da Coruña ás 12h. O acto tamén inclúe unha actuación musical a cargo da chelista Margarida Mariño e contará coa participación do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e da deputada de Igualdade, María Muíño.

Nesta lectura, a poeta Lucía Aldao (A Coruña, 1982) porá voz aos poemas Donas e señoras da escuridade e da risa, Andrea e Esfolar un Minotauro. Pola súa banda, a poeta Charo Lopes (Boiro, 1988) lerá Anedota 0 do seu poemario De como acontece o fim do mundo; e Poema 17 e Poema 18: espelhos do poemario Album. Os textos foron compartidos previamente cos concellos da provincia adheridos á campaña da Deputación para que, de xeito voluntario, poidan facer unha lectura simultánea nas súas rúas.

A poeta e activista boirense Charo Lopes

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.