As Paisaxes de Camille de Ambar en Noia

12 Novembro 2021

A Asociación Ambar das persoas don diversidade funcional escenificou hoxe venres, 12 de novembro no Coliseo Noela en Noia a acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero no rural ‘As paisaxes de Camille’. Esta acción busca apoderar ás mulleres con diversidade funcional a través da expresión artística, explorando a contención, a rabia, a delicadeza e a sororidade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida de Camille Claudel.
A peza está producida por Ambar, conta coa dirección artística da creadora escénica Helena Salgueiro da plataforma ABAR e cun elenco composto integramente por mulleres con diversidade funcional: Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Olaia Pérez, Montse Queiruga e Mercedes Río.
Noia foi a penúltima parada dunha xira que xa pasou pola Rúa, A Estrada, O Pino e finalizará o domingo en Mondoñedo. Nesta entrega asistiron arredor de 50 espectadores, salientando a presenza do Alcalde de Noia e a Concelleira de Servizos Sociais. Ademais de Milagros Rey, presidenta de Ambar e outras representantes da entidades. As persoas asistente recibiron un agasallo personalizado.
A función deu comezo ás 20:40h coa escenificación da peza escénica, de seguido proxectouse un vídeo cos ensaios, entrevistas individuais, motivacións e desenvolvemento conceptual da peza. E pechou ás 21:15h cunha declaracións do elenco e de Zeltia Iglesias, responsable do proxecto e integradora social de Ambar.
Esta acción enmarcase no Pacto do Estado contra a violencia de xénero e está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Noia foi a penúltima parada dunha xira que xa pasou pola Rúa, A Estrada, O Pino e finalizará o domingo en Mondoñedo. Nesta entrega asistiron arredor de 50 espectadores, salientando a presenza do Alcalde de Noia e a Concelleira de Servizos Sociais. Ademais de Milagros Rey, presidenta de Ambar e outras representantes da entidades. As persoas asistente recibiron un agasallo personalizado. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...