Actividade conxunta entre o Obradoiro O Pote de Ribeira e o ciclo de nutrición e dietética do Instituto da Pobra

09 Novembro 2021

As instalacións da escola local de hostalería no edificio do mercado albergaron esta mañá unha actividade conxunta entre o alumnado do obradoiro ribeirense de cociña O Pote e o do segundo curso do ciclo superior de nutrición e dietética do IES da Pobra do Caramiñal.
Nesta xornada de confraternización, o alumnado do ciclo superior de FP fixo unha presentación cos conceptos básicos da nutrición que deben ter en conta á hora de programar os menús o persoal de cociña atendendo ás necesidades dos usuarios, para dar paso ao cociñado conxunto dun menú saudable atendendo ás particularidades dos usuarios dos menús solidarios que o alumnado do programa de emprego O Pote elabora diariamente. 
Unha vez terminado o cociñado conxunto se fixo unha posta en común para que o diferente alumnado valorase a actividade atendendo ás dificultades de cada unha das funcións dos profesionais: a visión do equipo que programa o menú saudable e o persoal que se encarga da elaboración.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.