A proclama contra a violencia de Invisibles chega este sábado 20 a Porto do Son

18 Novembro 2021

No marco das actividades programadas polo Concello de Porto do Son con motivo do 25-N, a compañía Redrum Teatro vai representar este sábado 20 de novembro, na Casa da Cultura de Porto do Son a partir das 19.30 horas, a obra Invisibles, unha cita para recordarnos e reivindicar “o millón de razóns que existen para falar do maltrato”. A función, cuxas entradas poden mercarse na Casa da Cultura, está baseada no libro do mesmo nome de Montse Fajardo, e presenta sete testemuños reais de maltrato a través de tres voces femininas.

Tres xeracións de mulleres que amosan que non hai un perfil concreto de vítima de violencia machista. Así, o obxectivo deste espectáculo é concienciar e sensibilizar aos espectadores sobre unha lacra que afecta a toda a sociedade, facéndoa “ben visíbel para poder eliminala”.

O elenco está composto polas actrices Sheyla Fariña, Mela Casal e Nieves Rodríguez, baixo a dirección de Marián Bañobre.

Esta peza teatral trátase dunha coprodución entre Redrum Teatro, a Concellería de Igualdade do Concello de Pontevedra, o Centro Dramático Galego e a Deputación da Coruña.

Ademais, conta con varias distincións coma os galardóns a Mellor Adaptación, Mellor Dirección e Mellor Iluminación dos Premios de Teatro María Casares; así como o Premio Luísa Villalta a Proxectos de Igualdade concedido pola Deputación da Coruña.

Outros artigos

Este venres recala en Boiro “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro

A Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida este venres 26 de abril á representación teatral de Deadpan Karaoke, a cargo de Ibuprofeno Teatro, a partir das 21.00 horas. As entradas estarán á venda dende unha hora antes da función na billeteira. Trátase dunha peza para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...