A Librería El Cisne seguirá sendo patrocinador do Boiro Voleibol durante a tempada 2021-2022. A presentación do convenio de colaboración entre o establecemento e o club celebrouse durante a visita de Pablo Nieto, xogador do Rotogal Boiro Voleibol, e Javier Puñal, director xeral do Boiro Voleibol, á sede boirense do dito establecemento, onde foron recibidos polo xerente Rafael García.
O Maio Vintage Market de Boiro xuntará artesanía, comercio e cultura (o vindeiro 4 de maio na rúa peonil)
A Asociación Creaturas e o Concello de Boiro organizan unha nova edición do Maio Vintage, un evento que xunta os ingredientes da creatividade, a cultura, a artesanía e o comercio para permitir a cidadáns e visitantes festexar a primavera en clave de proximidade. Será...