A campaña “De Fronte” chega a Rianxo cunha palestra sobre a violencia en mulleres maiores

11 Novembro 2021

A campaña da área de Igualdade da Deputación da Coruña “De Fronte” contra a violencia machista chegou esta tarde ao Auditorio Municipal de Rianxo coa palestra na que se abordou o tema “Violencias de xénero en mulleres maiores”. As intervencións correron a cargo de Elena Molanes Piñeiro, directora do Centro de Emerxencia para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero e Lara Fuentes Enjamio, técnica de FADEMUR-GALICIA, que foron presentadas pola deputada de Igualdade, María Muíño.

“Hai estudos que demostran que un dos grupos máis vulnerábeis entre as vítimas de violencia machista é o das mulleres de máis idade e isto non é algo que poidamos calar” asegurou María Muíño, quen lembrou que “vivimos nun país cun envellecemento poboacional moi alto e cunha poboación moi dispersa, despoboamento do rural e problemas importantes de transporte, e que, segundo a diagnose de igualdade da Deputación, hai unha crecente feminización do envellecemento, con rendas e pensión moito máis baixas”. Estas circunstancias incrementan, segundo explicou a deputada “a vulnerabilidade deste amplísimo sector da nosa poboación, polo que cómpre poñer os datos enriba da mesa, visibilizar esta situación e sobre todo adoptar medidas e iso é o que se pretende con esta palestra que agardo sexa un espazo de reflexión e de formación”.

Convén lembrar que a campaña DE FRONTE conta coa adhesión de 88 concellos e preto de 60 entidades da provincia que difunden a mensaxe de plantarlle cara ao feminicidio cun programa de iniciativas moi diversas e orientado a diferentes segmentos de idade. De feito, a seguinte palestra terá lugar o xoves 18 en Muxía coa palestra “ A importancia do traballo en rede na loita contra a violenica de xénero a nivel local” a cargo de Gloria Porto, traballadora social do Hospital Público de Cee, Raquel Mato, médica de Atención Primaria do C. S. Pontedeume e Isabel Muñoz, directora do CIM de Muxía.

María Muíño volveu incidir en que o obxectivo da campaña é contribuír a poñerlle freo á violencia machista e crear un amplo movemento social para crear conciencia de igualdade fronte ao feminicidio. Así, a partires do 15 de novembro, na web defronte.gal estarán dispoñibles os recursos para as actividades xuvenís de Visual Thinking e Scape Room, para traballar sobre tratamento e prevención da violencia de xénero de xeito colaborativo e en equipos. Tamén na web da campaña, entre os días 22 e 29 de novembro estará dispoñible o espectáculo muiscal para público infantil “Martiña soñadora”.

O programa completarase co acto colectivo de lectura de textos poéticos o propio día 25 de novembro ás 12.00 h no exterior da Biblioteca Provincial da Coruña a cargo das poetas Charo Lópes, Nuria Vil e Lucía Aldao. Os textos serán compartidos previamente cos concellos adheridos á campaña para que, de xeito voluntario, poidan facer unha lectura simultánea nas súas rúas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...