Xunta e hostalería manteñen diálogo para avanzar na mellora das medidas ante a COVID

20 Outubro 2021

 vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron hoxe reunións cos representantes da hostalería e do ocio nocturno, no marco co diálogo e fluído entre a Xunta con estes sectores desde o inicio da pandemia. Así, escoitaron as súas demandas en canto á capacidade máxima e horarios dos seus establecementos para trasladalas ao comité clínico que tamén se reúne hoxe para avaliar as medidas sanitarias en función da evolución epidemiolóxica do coronavirus antes de tomar a decisión final.
Co obxectivo de dar estabilidade ao sector, a Xunta activou tanto para a hostalería como para o ocio nocturno plans nos que se recollen distintos niveis de ocupación tendo en conta o nivel de compromiso no cumprimento das medidas anticovid e con independencia da incidencia do coronavirus no lugar no que opere o establecemento. Ambos plans foron aprobados en consenso co sector.
O Goberno galego busca agora dar un paso máis mantendo o compromiso de flexibilizar as restricións sanitarias segundo mellora a incidencia, do mesmo xeito que cando a situación era máis desfavorable se tomaron as medidas necesarias para frear o virus, o que permitiu que Galicia se consolidase como un destino seguro.
A Xunta mantívose ao lado dos hostaleiros e do ocio nocturno nos meses máis difíciles da pandemia nos que tiveron que ter os seus locais pechados. No caso do ocio nocturno, en 2020 estes establecementos -discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festa, salas de concerto e outros asimilables- recibiron 4,8 millóns de euros aos que se suman outros 4 millóns este ano para a súa reactivación, o que supón un investimento total de 8,8 millóns de euros.
Ademais, dos 2 Plans de Rescate da Xunta que mobilizaron máis de 180 millóns de euros, máis de 90 millóns destináronse á hostalería.
Tanto os locais de hostalería como os do ocio nocturno poden optar tamén ás liñas de axudas postas en marcha pola Xunta para adaptarse ao novo escenario. En concreto, á orde de 6 millóns de euros para adquirir equipamentos poscovid e a de outros 6 millóns para dotarse de recursos tecnolóxicos e mellorar a súa dixitalización. Estas dúas convocatorias forman parte dun paquete de medidas de case 16 millóns para reactivar o sector turístico, ao que a Xunta leva inxectado este ano uns 120 millóns de euros.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reuniranse con representantes do sector da hostalería. Ás 16,45 aprox. manterán un encontro con representantes do sector do ocio nocturno. foto xoán crespo 20/10/2021

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.