Un home con lentes de pasta, por Redrum Teatro, en Rianxo o día 22 de outubro

07 Outubro 2021

A compañía Redrum Teatro elixiu Rianxo para presentar (e representar) Un home con lentes de pasta. Será o 22 de outubro, na Sala Arcos Moldes do Auditorio. Trátase dunha obra recomendada para público maior de 13 minutos. A entrada é de balde, pero cómpre facer a reserva a través da web municipal.

O argumento da obra xira arredor de Sheyla, que acaba de ser abandonada pola súa parella. Laura e Fer quérena animar para que aproveite a oportunidade e faga realidade os desexos que aparcara: escribir. Traerán a cear a Guillerme. El é o poeta capaz de namorar a calquera cuns breves versos. Pero a Guillerme non lle van satisfacer as conversas banais nin os frívolos momentos de distensión: Guillerme desexa algo máis.

Esta comedia estreada en Barcelona no 2010 recibiu o premio da crítica Serra D’or ao mellor texto teatral, o de mellor espectáculo nos premios Time Out no 2011, o premio Mi Butaquita de mellor obra no 2014 e estivo nomeada ao mellor texto catalán nos Premios Max do 2011.

O elenco está formado Guillermo Carbajo, Sheyla Fariña, Laura Míguez e Fernando González.

O texto é de Jordi Casanovas. A tradución e a dirección corren a cargo de Alex Sampayo.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.