Talía Teatro representa Vida de cans este 24 no Elma (A Pobra)

18 Outubro 2021

A agrupación Talía Teatro subirá ás táboas do teatro cine Elma (A Pobra do Caramiñal) para representar Vida de cans. Será no 24 de outubro, ás 19.00 horas.

Escrita e dirixida por Cándido Pazó, trátase dunha alegoría canina en cinco ladridos escénicos con Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo.

A entrada é de balde e as reservas débense efectuar na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...