Sábado con choiva intensa o final do día. Para o sábado activada unha alerta laranxa por temporal

01 Outubro 2021

O sábado Galicia queda na influencia dunha borrasca centrada ao sur de Irlanda que enviará unha fronte moi activa ao final do día.

Así, os ceos estarán cubertos, con choivas na comarca. Xa pola noite as precipitacións chegarán a toda Galicia e serán localmente moi intensas. As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso mentres que as máximas descenderán, polo que quedará unha xornada de pouca oscilación térmica. En terra o vento soprará moderado do suroeste pola mañá, aumentando a forte, pola noite. No mar o vento será forte no litoral da Coruña, aumentando tamén ao final do día en Pontevedra e Lugo.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do sudoeste á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 3 a 5 á mañá, 5 a 7 á tarde e 6 a 7 á noite. Marusía á mañá e media vaga á tarde e á noite. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá, 1.5 a 2 metros á tarde e 2 a 3 metros á noite.

A Dirección xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da provincia da Coruña. A partir deste sábado pola tarde empezará un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar01:592.8 m
Baixamar07:591.4 m
Preamar14:133.0 m
Baixamar20:371.2 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar01:492.7 m
Baixamar07:491.5 m
Preamar14:043.0 m
Baixamar20:271.2 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar01:542.7 m
Baixamar07:551.4 m
Preamar14:083.0 m
Baixamar20:331.2 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Domingo 20, sol e temperaturas altas. Alerta amarela na comarca

No INTERIOR DE CORUÑA, SUROESTE DE CORUÑA, MONTAÑA DE OURENSE E RÍAS BAIXAS, as temperaturas acadarán o NIVEL 1 (AMARELO) de alerta. Galicia vivirá unha xornada de marcada estabilidade meteorolóxica baixo o influxo directo das altas presións, que se situarán centradas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.