Retirados uns 50.000 quilos de refugallos da contorna do esteiro do Tambre

08 Outubro 2021

Este 8 de outubro volveron os traballos de limpeza e concienciación ambiental á contorna marítima dos concellos de Outes e Noia, concretamente ao esteiro do Tambre. Participaron as e os integrantes das confrarías locais de pescadores e mariscadoras, no marco do proxecto Econoia, no que colaboran os dous devanditos Concellos.

Retiráronse preto de 50.000 quilos de residuos nas proximidades da desembocadura do río que separa ambos municipios.

Limpouse unha marxe de dous quilómetros de costa divididos en seis zonas. O proxecto Econoia diríxese a fomentar a conservación dos bancos marisqueiros e concienciar á sociedade sobre a importancia de coidar o medio litoral e mariño. Participaron unhas 170 persoas.

Nas 8 limpezas anteriores realizadas neste proxecto 2020-2021 recolleron un total de 44.439 quilos de residuos.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.