Outes aproba por unanimidade unha declaración a prol dun desenvolvemento sustentábel dos proxectos eólicos no rural

29 Outubro 2021

A Corporación Municipal de Outes aprobou por unanimidade unha declaración institucional na que se insta á Administración galega “a paralizar proxectos eólicos que se están tramitando para propiciar a modificación da lexislación actual creando un marco normativo que beneficie á sociedade, promova o coidado ambiental e evite o impacto dos muíños na poboación”.

Os grupos que conforman a Corporación (Compromiso Outes, PP, BNG e PSOE) mostran a súa preocupación polo “impacto negativo que pode ter a instalación de grandes muíños a menos de 500 metros das vivendas tal e como marca a lexislación”. Ademais, na declaración botan en falta “a inexistencia de estudos de avaliación ambiental rigorosos e medidas que protexan o patrimonio natural, humidais e zonas de rede Natura que poden sufrir alteracións importantes de se aprobar os proxectos eólicos que se están tramitando na actualidade”.

Por todo iso, a Corporación Municipal solicita á Administración galega “que paralice os proxectos eólicos para crear un marco normativo que protexa o medio natural, que impida a instalación de parques eólicos tan preto das vivendas e se promova que a poboación galega se beneficie, dunha maneira xusta, da proliferación dos muíños de vento”.

O alcalde de Outes, Manuel González, cre que esta declaración institucional “dá boa mostra da preocupación que existe entre a veciñanza e considera positivo que haxa unanimidade para facer que, Galicia en xeral e Outes en particular, se beneficien da produción de enerxía”. E conclúe: “Non pode ser que soportemos os custos ambientais e sociais e as eléctricas leven os beneficios”.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.