O Puebla consegue súa primeira vitoria da tempada

19 Outubro 2021

Na xornada catro chegou o primeiro triunfo para o Puebla, que venceu ao Estudiantil comodamente (3-0). O cadro dirixido por Jesús Mella goleou ao colista da Preferente e puido levarse unha renda moito maior despois do visto sobre A Alta.

Costoulle entrar no partido aos branquiazuis, quen nos primeiros intre se mostraron moi imprecisos en acción relativamente fáciles. Co paso dos minutos comezaron a encontrar seu xogo e on iso as ocasións. Chegada á media hora de partido, Santi adiantou ao Puebla.

Tras o gol os pobrenses melloraron e gañaron en confianza e moral, o que se trasladou ao terreo de xogo en múltiples chegadas perigosas. Nunha delas, Brais Nieto puxo o 2-0 que deixaba sentenciado practicamente o encontro.

Logo do paso polos vestiarios, os de Santiago non mostraron nin un chisco de reacción, e o Puebla gozou de múltiples ocasións durante os segundos 45 minutos. Adao no minuto 77 puxo o definitivo 3-0 nun encontro que os da Alta mereceron gañar máis folgadamente, incluso si cabe.

Con este triunfo o Puebla sitúase na parte media da táboa con 5 puntos. A vindeira xornada visitará ao Laracha.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.