O PSOE de Noia require a reapertura da área recreativa do Monte do Bolo

15 Outubro 2021

O Grupo Municipal Socialista de Noia solicitou no pasado pleno ao Goberno municipal a reapertura da área recreativa do Monte do Bolo. O PSOE formalizou a petición por escrito, requirindo que “se realicen as actuacións necesarias para reabrir a área recreativa o antes posíbel”. Amais, teñen previsto preguntar cada mes polas actuacións que se levan a cabo para asegurarse de “que a petición non caia no esquecemento”.

O voceiro do Grupo Municipal do PSOE, Roberto Iglesias indicou que “tras os investimentos realizados nos últimos anos, xa con Santiago Freire de alcalde, anunciouse en varias ocasións que se realizarían as actuacións necesarias para abrir a área.”

O voceiro engadiu que os socialistas consideran que “débese reabrir o Monte do Bolo para desfrute da cidadanía”, e que “actualmente a falla de xestión por parte do Goberno municipal está a privar que os veciños fagan uso desta área, pechada xa dende hai anos”. A agrupación di non entender que “despois de recibir subvencións de Fondos europeos a través da Xunta de Galicia para mellorar os accesos, e de que se fixeran traballos por parte dos obradoiros de emprego, esta área pública leve varios anos pechados ante a desleixo do Goberno de Santiago Freire”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.