O Concello organiza unha nova edición de Boiro Emerxe

08 Outubro 2021

A Concellería de Cultura do Concello de Boiro organiza unha nova edición do Boiro Emerxe, un faladoiro de conversas inspiradoras co talento local e que teñen como obxectivo dar a coñecer o potencial creativo da mocidade boirense. Esta segunda edición vai ter lugar o 15 de outubro ás 20.00 horas no local leñaverde do Centro Social de Boiro.
As persoas convidadas nesta segunda edición, e que participarán na mesa de diálogo para contar as súas experiencias emprendedoras van ser Manu Sobral , do grupo The Cuncas; Sara Ollero, de Da Ria Luv; e Mario Brión, youtubeiro en olaxonmario.
A capacidade é limitada e a reserva de entradas pode facerse a través do formulario online habilitado na web municipal. Como na primeira edición o evento vaise retransmitir vía streaming e poderase seguir en directo a través da
canle de YouTube do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.