O Concello de Dodro mantén aberto estes días o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas

18 Outubro 2021

O día 4 de outubro deron comezo as Escolas Deportivas impulsadas polo Concello de Dodro. As disciplinas que se imparten para a nenez son psicomotricidade, multideporte, patinaxe e baile deportivo, para as persoas adultas, ximnasia de mantemento, zumbeando, pilates e ioga. O Concello confirmou este luns 18 que co comezo desta semana xa hai anotadas 110 persoas, quedando aínda prazas libres nas oito disciplinas.

Dende Deportes de Dodro tamén fan saber que “a mellora da situación sanitaria fixo que a demanda deste servizo aumentara con respecto ao ano anterior, e a xente volve a retomar de forma paulatina a súa actividade deportiva, pois nos últimos anos o deporte converteuse nun elemento fundamental de cohesión social e indicador de calidade de vida”.

O prazo de inscrición mantense aberto no teléfono 981 802 532 e no correo electrónico deportes@dodro.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.