O comité da planta de residuos de Lousame volve convocar folga o luns para reivindicar a súa viabilidade

05 Outubro 2021


A Xunta denega a autorización ambiental para construír unha nave de valorización de residuos e unha entulleira para materiais non perigosos

O comité de empresa da planta de residuos de Lousame volve convocar folga para este luns 11 de outubro para reclamar a continuidade da súa actividade e ante os avisos que poñen en dúbida a súa viabilidade.
En 2023 acábase o contrato e o persoal teme “irse á rúa”, de aí o paro, que xa se convocou a finais de agosto e tamén estivo acompañado dunha manifestación.

Neste caso, a marcha á que se sumarán os traballadores da planta de residuos de Lousame desenvolverase este domingo a partir das 12,00 horas en Noia.


A Xunta acaba de denegar a autorización ambiental integrada ao proxecto para construír unha nova planta de tratamento de residuos en Lousame. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes o anuncio coa resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A denegación por parte da Xunta vén motivada pola declaración de impacto ambiental ( DIA) negativa que xa emitira en 2018 ao concluír que este proxecto, “previsiblemente, causará efectos negativos sobre o medio ambiente xa que as medidas previstas polo promotor non garanten a súa completa corrección ou compensación”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.