O BNG presenta emendas ás ordenanzas fiscais para rebaixar o prezo da auga, depuración e vehículos

22 Outubro 2021

O BNG ribeirense quere rebaixar varias taxas e impostos municipais coa finalidade de acabar cunhas “taxas e impostos abusivos” e que, segundo informa a agrupación, “sitúanse por riba da media dos concellos da contorna”. Por este motivo, os nacionalistas presentaron emendas á modificación das ordenanzas fiscais que quere aprobar o Goberno local, ao considerar que “se está castigando á veciñanza a pagar máis por decisións erradas tomadas polo Partido Popular”.

O concelleiro do BNG, Luís Pérez Barral, esgrimiu que “sabemos que hai fondos suficientes para facer rebaixas importantes pero o Goberno local prefire facer caixa cunhas taxas e impostos, claramente abusivos, que lle cobra á veciñanza neste momento de crise económica”. Barral criticou o feito de que “o Concello de Ribeira queira cobrar á veciñanza 4.650.000 euros en concepto de auga, saneamento, lixo e sumidoiros, mentres outras taxas e impostos que non lle afectan á veciñanza, se manteñen en niveis mínimos como por exemplo a que grava o uso de terreo público por parte das compañías eléctricas e telefónicas da que só se prevé ingresar 265.000 euros”.

Desde o BNG consideran que a cidadanía “non debe pagar as malas decisións adoptadas polo PP cando escolleu o actual modelo de depuración caro e ineficiente”. Así, a organización nacionalista propón reducir un 20% a taxa de saneamento e depuración por ser, nas súas palabras, “un tarifazo abusivo” e formulan incrementar a bonificación a colectivos vulnerábeis un 10%, pasando da exención do 50 ao 60% da taxa. Con respecto ao subministro de auga para consumo, avogan por crear unha bonificación dun 30% para familias numerosas e establecer dous tramos, un xeral e outro máis baixo para fomentar que aquelas persoas que reduzan o consumo de auga poidan pagar menos. “Aprobar esta medida premiaría aqueles fogares que reduzan o seu consumo de auga” asegura Pérez Barral.

Por outra banda, propoñen a rebaixa xeral do imposto de vehículos un 2% e aumentar a bonificación para vehículos eléctricos, híbridos e de baixas emisións pasando da bonificación dun 50% durante os 5 períodos impositivos seguintes ao da súa matriculación, a tela durante un período de 7 anos.

Por último os nacionalistas avogan por manter o prezo actual pola retirada de vehículos na vía pública e recriminan “que o PP queira subir un 23% esta taxa”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...