O BNG de Ribeira solicita que se limpe a Fonte das Cruces en Artes

01 Outubro 2021

O BNG de Ribeira vén de emitir un comunicado sobre o estado no que se atopa a Fonte das Cruces, na parroquia de Artes, moi preto do Centro Recreativo e Cultura. Segundo fai saber a agrupación, trátase dunha contorna que “precisa dunha actuación integral que mellore a imaxe, o mantemento e a limpeza deste equipamento que sempre lle deu servizo aos veciños e veciñas da parroquia”.

E engaden: “A fonte e o espazo lindeiro acumula toda clase de lixo -latas, plásticos, envoltorios, etc.- polo que cómpre realizar unha limpeza integral pero tamén precisa unha roza da vexetación que medra por todos os lugares provocando unha mala imaxe. É necesario, tamén, proceder a restaurar a placa co nome do lugar que foi esnaquizada hai anos por mor dos actos vandálicos”.

O concelleiro nacionalista, Luís Pérez Barral, di que “o Goberno local descoida cuestións tan básicas como é o mantemento e a limpeza dos equipamentos públicos e do mobiliario urbano”. Pérez Barral asegura estivo falando coa veciñanza da zona e considera que as parroquias, en xeral,” teñen moitas carencias que o Partido Popular ignora constantemente”. E engade: “Estamos ante un goberno que descoida á xente do rural e aínda por riba se permite o luxo de votar en contra de propostas do BNG para aumentar as partidas de mantemento” asegura Barral.

Os nacionalistas denuncian que “na parte posterior da fonte, pódense atopar xiringas e anacos de papel de aluminio que poñen en evidencia que o lugar pode estar a se converter nun punto de consumo de drogas”. Na súa opinión, conviría dar indicacións á Policía Local e coordinarse coa Policía Nacional, “para que ambos os dous corpos de seguridade aumenten a súa vixilancia, xa que a presenza dos axentes de seguro, contribuirá a evitar que este espazo consumo de drogas no lugar”. 

Por último, o BNG vai seguir reclamando ao Goberno ribeirense que aumente o mantemento dos equipamentos públicos como fontes, parques infantís, paseos e beirarrúas.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.