O BNG de Ribeira mostra a súa preocupación polos prazos da adxudicación do estudo arqueolóxico do novo polígono

19 Outubro 2021

O BNG de Ribeira vén de achegar un comunicado crítico cos procedementos que se están a seguir na actual fase de materialización do novo complexo industrial local. Segundo fai saber, o 30 de setembro remataba o prazo para achegar as ofertas á licitación da redacción dos proxectos de expropiación e de urbanización do proxecto do novo polígono así como o servizo de arqueoloxía, unhas actuacións (tres accións) que sumaban un total de 249.260 euros, lembra o BNG, recordando que o servizo arqueolóxico saía a licitación por un valor de 27.930€, “unha contía moito máis baixa ao prezo real de mercado, que non cumpre coa normativa laboral, incumpre o convenio colectivo do sector e impide a posibilidade de presentar ofertas individualizadas a cada un dos tres lotes”, engade a agrupación nun comunicado, poñendo o foco en que “este feito foi denunciando ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia pola a Asociación de Empresarios de Arqueoloxía e tamén foi posto en cuestión pola CIG”.

A raíz disto, o BNG censura as actuacións e cualifícaas de “chafalleiras”e denuncia que “non é a primeira vez que acontece, como por exemplo na construción do novo auditorio de Ribeira que presenta un sobrecusto importante pasando de 2,5 millóns co mobiliario a 4,5 millóns sen equipamento ningún”. Segundo o concelleiro Xosé Vázquez Covas, “se esta actuación arqueolóxica se leva a termo, non cumprirá coa normativa laboral polo que, o Concello de Ribeira, estaría lanzando unha mensaxe moi prexudicial que é que fan o seu traballo saltándose a lexislación”.

Vázquez tamén cualificou a actitude do alcalde, Manuel Ruiz Rivas, de “antidemocrática”, por “ocultar a información dos escritos destas organizacións, rexistrados o 28 de setembro dirixida aos grupos políticos pero que nunca foi notificada nin entregada aos grupos da Corporación Municipal”, explicou, engadindo que “para a organización nacionalista é moi grave que, nun tema tan importante para o futuro do concello como é o polígono industrial, o PP estea facendo licitacións chafalleiras e demostrando a súa incapacidade para actuar con rigorosidade”.

O Bloque pide que o Goberno local compareza para dar explicacións e “diga que vai facer para non demorar unha obra chave para asentar empresas no municipio”. E engade: “Levamos máis de 30 anos de Goberno do PP en Ribeira incapaz de crear un só metro de chan industrial, non estamos polo labor de que se demore máis tempo pero tampouco imos permitir que sexa o patrimonio histórico e arqueolóxico, o que estea exposto a unha mala praxe polo desleixo do Goberno local, cando debería ser el o seu principal valedor, fornecendo os medios necesarios para o seu perfecto estudo e conservación en todas cantas actuacións realice o concello”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...