O acto ás vítimas da COVID-19 de mañá sábado en Ribeira, é unha iniciativa exclusivamente da Asociación de Amas de Casa

22 Outubro 2021

A Asociación de Amas de Casa de Ribeira amosa a sua estraneza polo comunicado de “Suma Ribeira” sobre a iniciativa de erixir un monumento na Praza de España que lembre para a posterioridade ás vítimas da pandemia.

Trátase dunha proposta xurdida dende a “Asociación de Amas de Casa ” para cuxa execución conta coa colaboración do Concello e que foi presentada no consistorio local pola presidenta da citada entidade, Puri Cores, e pola primeira tenente de alcalde María Sampedro.

A Asociación non entende que se aproveite un acto dunha iniciativa privada para o que se pediu o apoio institucional, como fan outras moitas entidades, para criticar e usar politicamente unha iniciativa que pretende ser emotiva, solidaria e de recoñecemento público ás vítimas da COVID-19 e ós que o padeceron e padecen as súas secuelas.

ACTO ABERTO
Trátase dun acto aberto o que se invita a toda a cidadanía e que consistirá na inauguración dun monumento este sábado 23 nun acto solemne que principiará ás seis e media da tarde.

Comezará co himno galego e continuará co descubrimento da pertinente placa conmemorativa, unha ofrenda floral, as intervencións por parte das autoridades e un minuto de silencio para concluír cos acordes de “Hallelujah” de Leonard Cohen. O acto, de aproximadamente unha hora de duración no que se aplicarán os protocolos anticovid, está aberto a toda a cidadanía. De feito, tanto Puri Cores como María Sampedro fixeron fincapé en que a xente se anime a acudir a este emotivo acontecemento agora, e en especial os familiares das vítimas.

“É unha homenaxe de todos a todos, unha luz ao final do camiño”, afirmou a presidenta de Amas de Casa, en tanto que María Sampedro afirmou que a iniciativa tamén quere servir para agradecer o labor que na loita contra a pandemia realizaron solidariamente moitísimas persoas e colectivos.

Acto de Presentación da iniciativa do Monumento feito pola presidenta das Amas de Casa de Ribeira,Puri Cores, e pola primeira tenente de alcalde María Sampedro en representación do Concello que apoia a iniciativa

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...