Suma Ribeira sostén que o acto de homenaxe ás vítimas da COVID deste sábado 23 “non é un acto de consenso”

21 Outubro 2021

Suma Ribeira emitiu este 21 de outubro un comunicado no que fai pública a súa postura respecto ás recentes homenaxes que se están a celebrar no concello ás vítimas da COVID. No escrito a agrupación comeza expresando o seu “máximo respecto e a todas as vítimas do coronavirus, tanto ás que perderon a vida como ás que están a padecer secuelas da enfermidade, así como aos profesionais que estiveron e están nun alto nivel de exposición ao contaxio (persoal sanitario, empregados de supermercados, persoal docente…) traballando, ademais, con altas taxas de estrés e condicións precarias en moitos casos”.

Xurxo Ferrón, voceiro de Suma Ribeira, nunha imaxe de arquivo

Suma Ribeira considera que “a excepcionalidade do vivido durante a pandemia merece o recoñecemento de todas, sen ningún tipo de cuestionamento nin de apropiación por parte de ningunha forza política nin social”.

E engaden: “Desde a nosa organización, estamos certos de que a maioría dos veciños e veciñas senten a mesma solidariedade ca nós e aplaudirán calquera mostra de recoñecemento ás vítimas, mais sempre que nazan dende o consenso e coa vocación de universalidade que lle son propias a este tipo de homenaxes”.

A plataforma cidadá opina que acto do vindeiro día 23 (o Acto de Homenaxe ás Vítimas da COVID que terá lugar ás 18,30 horas na praza de España, organizado entre o Goberno Municipal e a Asociación de Amas de Casa) “non semella respectar nin fomentar esta desexábel unión e harmonía da nosa cidadanía diversa, nin das distintas forzas sociais e políticas do concello”. A xuízo de Suma Ribeira, “non é un acto nacido entre todos e todas, non é o acto sen dúbida xusto e necesario, de Ribeira como pobo”.

E conclúen: “Lamentamos, máis una vez, este xeito excluínte de proceder por parte da Alcaldía, que nos fixo chegar a comunicación o pasado martes a última hora, tras a súa presentación ante os medios. Non obstante, por responsabilidade e compromiso social, apoiamos a homenaxe, mais declinamos participar institucionalmente no mesma”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.