Mércores con sol e apenas sen cambios na temperatura

12 Outubro 2021

Non teremos cambios significativos durante esta xornada, coas altas presións bloqueando a chegada das borrascas atlánticas.

Isto quere dicir que de novo os ceos estarán moi despexados, con néboas matinais illadas en puntos do interior. As temperaturas non terán cambios significativos, polo que de novo haberá unha gran oscilación térmica entre as mínimas e as máximas. Os ventos soprarán do leste, con intervalos fortes no extremo norte da Comunidade.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 4 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 3 á noite. Marusía á mañá, mar rizado á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 0.5 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar03:481.3 m
Preamar10:173.1 m
Baixamar16:431.3 m
Preamar23:172.8 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar03:401.4 m
Preamar10:083.0 m
Baixamar16:391.3 m
Preamar23:102.8 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar03:431.3 m
Preamar10:133.0 m
Baixamar16:431.3 m
Preamar23:132.8 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Domingo 18, tempo será frío con ceos pouco nubrados ou despexados

Tanto en Rías Baixas como en Santiago de Compostela, o tempo será frío con ceos pouco nubrados ou despexados, e sen choivas importantes durante a noite e primeiras horas da mañá. As temperaturas manteranse baixas, propias desta época do ano (3 a 13 graos), Este...

+

Venres 16 con inestabilidade atmosférica e descenso térmico

Este venres 16, teremos unha situación meteorolóxica marcada pola variabilidade e os contrastes. Os ceos presentarán intervalos nubrados, con momentos de maior apertura pero tamén con chuvascos intermitentes, que por veces poderán vir acompañados de sarabia,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.