Malasombra leva a comedia DEP a Lousame

25 Outubro 2021

A Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 31 de outubro, ás 19:00 horas, a obra de teatro DEP, unha comedia de morte, a cargo de Malasombra Produccións. Segundo fan saber dende o Concello, trátase dun espectáculo totalmente gratuíto pero con aforo limitado, polo que as persoas interesadas en acudir deben reservar a súa entrada en www.bandoticket.com.

Escrita por Pep Antón Gómez e Jordi Sánchez, e dirixida por Marcos Osi, DEP, unha comedia de morte conseguiu o Premio Vigocultura de 2019 e Premio do Público Mostra de Teatro de Malpica 2018. Jouse García e Xoque Carbajal porán en escena a historia dunha nai con moitos anos, enferma pero con moi poucas gañas de morrer, fronte a un elenco de personaxes que deciden “axudala” dándolle “un empuxonciño”. Unha divertida comedia de humor negro.

Esta actuación está organizada polo Concello de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña, AGADIC e Escena Galega.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.