‘III Encontro Interrelixioso’ en Santiago de Compostela

10 Outubro 2021

A Xunta de Galicia e a Igrexa Metropolitana de Santiago promoven a celebración do III Encontro Interrelixioso con motivo do Ano Santo Compostelán e o Xacobeo 21-22, que se celebrará os días 22 e 23 de outubro no Auditorio Abanca de Santiago (Preguntoiro, 23). Esta reunión desenvolverase baixo o título de Dignidade humana, migración e fraternidade e inspirada na encíclica Fratelli Tutti da Súa Santidade o papa Francisco.

Auditorio Preguntoiro

O acontecemento artéllase en dúas xornadas nas que se distribuirán diversas conferencias seguidas de mesas redondas, nas que participarán 15 personalidades relixiosas e académicas. A clausura reunirá a todos nun acto de oración en común na igrexa de San Martiño Pinario, nunha convocatoria aberta ao público, pero que require inscrición previa.

No programa figuran autoridades das confesións islámica, hindú, ortodoxa serbia, ortodoxa siria e católica. Está prevista a asistencia do cardeal Miguel Ángel Ayuso Guixot –presidente do Pontificio Consello para o Diálogo Interrelixioso da Santa Sé–, que abrirá o encontro, así como o arcebispo emérito de Sevilla, o cardeal Carlos Amigo, así como a ministra de Defensa, Margarita Robles, entre outras personalidades.

O cardeal Ayuso realizará a conferencia inaugural, e o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e o imán e teólogo musulmán da Comisión Islámica de España, Abdelaziz Hammaoui,clausurarán o evento cunha conferencia dual.

As inscricións poden realizarse no enderezo web https://xacobeo2021.caminodesantiago.gal/gl/detalle-evento?eventoId=X0144

San Martiño Pinario. Joferpa

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.