En Boiro Cruz Vermella retoma a actividade dos obradoiros de memoria de xeito presencial

21 Outubro 2021


A Cruz Vermella de Boiro, mediante un convenio de colaboración co Concello de Boiro, retoman os talleres de memoria que a entidade desenvolve dentro do seu Plan de Intervención Social. O alcalde, José Ramón Romero, e concelleiro de Política Social, Raúl Treus, visitaron esta semana o Centro Social de Boiro para coñecer as actividades que se desenvolven no marco destes talleres.
O proxecto, que se leva realizando dende fai 20 anos, con persoas maiores de 55 anos ten como obxectivo propoñer actividades que axuden a previr o envellecemento cerebral mediante a estimulación cognitiva. A actividade comezou no mes de outubro e vaise desenvolver de xeito semanal ata o mes de xuño nos centros sociais de Boiro, Cabo de Cruz, Cespón, Escarabote, Cures, Beluso e Abanqueiro.
O Concello de Boiro e Cruz Vermella traballan en conxunto na posta en marcha de proxectos e actividades encamiñadas á integración social de persoas e colectivos vulnerables ou en risco de exclusión. Entre os programas
que se desenvolven están tamén os de atención urxente a necesidades básicas, apoio escolar e educativo, intervención familiar con infancia en risco, asesoramento a mulleres ou educación para a saúde e prevención de conductas violentas na adolescencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.