Comezaron en Ribeira as clases do terceiro curso do IV Ciclo da USC

08 Outubro 2021

O alumnado do terceiro curso do IV Ciclo da USC con sede en Ribeira comezaron a recibir as súas primeiras clases. Un total de 22 persoas maiores de 50 anos formalizaron a súa matrícula.

O acto de apertura consistiu nun relatorio introdutorio a cargo da directora do programa, Mª Esther Olveira, profesora titular da USC da Facultade de Ciencias da Educación.

A directora felicitou ás persoas participantes polo “seu interese en medrar en coñecementos, tamén a partir de 50 anos”. Tivo tamén un breve recordo aos difíciles tempos polos que pasaron os alumnos durante a crise do coronavirus e o exemplar da súa participación.

Animou ademais aos novos estudantes a participar na selección de novos seminarios que terán lugar na sede de Ribeira, así como a acudir aos encontros, concertos e conferencias que a que ao longo serán convidados.

O curso, finalizará en maio e nel impartiranse as materias de Nutrición, Aprendizaxe Emocional e Benestar, Patrimonio Bibliográfico e Documental, Introdución á Zooloxía, Psicoloxía e Historia da Arte de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.