Boiro traballa para habilitar un novo espazo natural na contorna de A Negral

30 Outubro 2021

O Concello de Boiro, a través da área de turismo, traballa para a creación dun novo espazo natural no centro do municipio coa zona verde . Para o acondicionamento do mesmo vanse levar a cabo tarefas de saneamento e
arranxo da contorna. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Turismo, Carlos Muñiz, visitaron o lugar onde se proxecta a creación desta zona verde.
A parcela, que agocha un bosque de especies autóctonas como ameeiros, salgueiros, loureiros ou mesmo vidueiros, está situada no núcleo urbano, a carón do aparcamento público e pistas deportivas de A Negral, e ten unha extensión de 6.000 metros cadrados. “Trátase dunha actuación moi pouco invasiva para deixar que a arquitectura natural sexa a protagonista”, afirma o concelleiro de Turismo, Carlos Muñiz.
A auga e as especies autóctonas, elementos xa existentes, serán os protagonistas deste novo espazo que se pretende crear. Os traballos de recuperación e posta en valor constan de varias fases. Nun primeiro momento vanse realizar labores de limpeza, desbroce e poda selectiva das especies existentes para logo continuar co acondicionamento o humanización do parque.
O Concello de Boiro traballa no acondicionamento e mellora de zonas verdes e espazos naturais en distintos puntos do termo municipal. “Apostamos pola recuperación de parques e espazos verdes para a humanización do
municipio e a creación de novas sendas e lugares de ocio que permitan estar en conexión co medio natural, aproveitando o potencial co que contamos en Boiro”, afirma o alcalde.

Outros artigos

Incendiados catro colectores en Aguiño

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados esta noite dun incendio que afectaba a varios colectores en Aguiño, no concello de Ribeira. Víronse afectados catro colectores que quedaron completamente calcinados. As lapas danaron tamén, en menor medida,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión