Boiro e Cee acollerán seminarios provinciais de defensa persoal feminina

08 Outubro 2021

A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza oito seminarios de defensa persoal feminina nos concellos de Ortigueira, Ferrol, Culleredo, Carballo, Cee, Boiro, Ames e Melide.

Segundo explicou a deputada de Deportes, Cristina Capelán Caneclo, nos cursos as mulleres participantes poderán ensaiar técnicas e estratexias para defenderse ante unha posible situación de perigo, rompendo os mecanismos que bloquean e imposibilitan a reacción.

Os talleres son gratuítos e están dirixidos á persoas de 14 a 70 anos empadroadas en calquera concello da provincia da Coruña. Nas aulas poderán aprender técnicas de autodefensa e protocolos de actuación no ámbito da defensa persoal. Deste xeito, descubrirán como situarse, afianzarse, saber caer e levantarse, manexarse no chan, moverse e desprazarse ou manter a distancia.Os seminarios terán lugar os sábados en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Desde o ente provincial recoméndase que as participantes leven roupa cómoda e deportiva e, se é posible, sen cremalleiras. Durante as sesións o uso da máscara será obrigatorio en todo momento.

Cada encontro contará cun mínimo de 20 participantes e un máximo de 70. Un número que poderá reducirse en función do disposto nas últimas medidas que se aproben para facer fronte á crise sanitaria na comunidade.

Boiro – 12 de febreiro 2022

Polideportivo de Barraña

Prazo de inscrición: do 10 ao 30 de xaneiro 2022

Cee – 29 de xaneiro 2022

Pavillón municipal

Prazo de inscrición: do 1 ao 20 de decembro 2021

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.