A Xunta aprobará este luns o proxecto de orzamentos para 2022, unhas contas enfocadas á recuperación económica na fase final da pandemia

17 Outubro 2021

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presidirá este luns á unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta, na que está previsto aprobar o proxecto de orzamentos da Comunidade para o ano 2022, unhas contas orientadas á recuperación económica agora que previsiblemente estamos a afrontar a fase final da pandemia.

O Consello será o primeiro no que participe o novo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, que tomará posesión con anterioridade tras saír o seu nomeamento publicado no Diario Oficial de Galicia. Ata a actualidade, Corgos ocupaba precisamente a Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Xunta de Galicia, na Consellería de Facenda.

Os orzamentos da Xunta para o vindeiro exercicio reflectirán os principais aspectos que xa avanzou o xefe do Executivo galego na súa comparecencia parlamentaria da pasada semana no debate anual de política xeral. Así, serán unhas contas que consoliden o modelo que Galicia vén aplicando nos últimos anos: cunha marcada aposta polas políticas sociais; con máis investimento, con menos ratio débeda/PIB e con menos impostos, tal e como xa adiantou Feijóo.

Trátase ademais duns orzamentos realistas e prudentes, nos que se prevé un crecemento sostible para 2021 e 2022 do 6% do PIB cada exercicio, medio punto por riba da prevista para este ano no teito de gasto.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do Consello da Xunta. Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, 13/10/21.

Outros artigos

Sábado 15, ceos mais cubertos no interior e máis despexados na costa

A xornada deste sábado 15 de agosto, solemnidade da Asunción da Virxe María, traerá un tempo de marcados contrastes á área de Santiago de Compostela e á comarca das Rías Baixas. Mentres que o interior e o norte acusarán o paso dunha fronte con nubosidade a primeiras...

+

Activo un incendio forestal na parroquia de Lesende, en Lousame

O lume orixinouse pasadas as 17:30 horas deste venres e polo de agora descoñécese a superficie provisional afectada. Medio Rural mobilizou un amplo despregamento con catro avións, nove helicópteros e trece brigadas. A.C. Bombeiros Boiro Os servizos de extinción...

+

“La Torrent ensaya dos horas al día”. Mario Clavell

Montserrat Torrent ha recuperado desde compositores y partituras para órgano desde hace décadas, ha alentado restauración de instrumentos apolillados y su recuperación como instrumento popular. Ensaya dos horas al día. Música en Compostela ha homenajeado a la Torrent...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.